domingo, 19 de abril de 2009

Galego?, Portugués? ou Galego-portugués?

O feito de poder falar en galego con portugueses ou brasileios e ser entendido, non deixa de ser sorprendente, o primeiro que nos ven á cabeza é -que está ocorrendo aqui?, pois ben, desvelemos esa incognita, será que o galego provén do portugués, será que o portugués provén do galego?, resolvamos vellas cuestións.

Cal é a relación do portugués co galego?

Como é sabido, o galego é a lingua orixinaria de Galicia, ten a súa orixe principalmente no latín -como acontece co francés, catalán, italiano, ou castelán- e tivo o seu maior esplendor durante o medievo, sendo o idioma común dos habitantes do reino de Galicia antes de que o reino de Castela impuxera a súa lingua, o castelán.

Nesa época, na Idade Media, o reino de Galicia -que se extendía ata a cidade de Coimbra- atopábase formado por moitos condados, mais de entre todos, destacaba no sur o máis grande deles, chamado "Portugal". Este chegou a ser tan poderoso que no ano 1128, o seu conde -Afonso Henriques- declaraba a independencia do condado, polo que Portugal deixaba de pertencer ao reino de Galicia, convertíndose nun reino propio. Para reafirmar a súa independencia os portugueses comezarían a refererirse ao galego que falaban co nome de "portugués", o nome "galego" manteríase ao norte do río Miño. Unha mesma lingua con dous nomes.

Entón, que é iso do "galego-portugués"?

Coa creación de Portugal, o galego falado ao sur do río Miño pasou a ser coñecido co nome de "portugués", sen embargo, o idioma do reino de Galicia e o idioma do reino de Portugal era o mesmo, por iso os lingüísticas actuais utilizan o nome "galego-portugués" para referirse á lingua común que falaban galegos e portugueses tras a independencia de Portugal.

Daquela o "portugués" debería chamarse "galego"?

Non exactamente. A historia fixo que o galego do norte -o galego- e o galego do sur -o portugués-, tivesen destinos diferentes. Mentres o reino de Galicia era sometido polos reis de Castela, o reino de Portugal convertiase nun dos maiores imperios do mundo, consecuentemente o galego pasaba a ser tratado como un "dialecto castelán" e o portugués como un "idioma universal".

A denominación "portugués" consolidouse polo peso político de Portugal, polo que hoxe é coñecido mundialmente. A súa vez, o portugués falado no Brasil tamén tivo unha historia diferente do portugués de Portugal, polo que hoxe é habitual cada vez máis escoitar o termo "lingua brasileira". Non obstante, "brasileiro" e "portugués" son variedades dunha mesma lingua, nacida naquel extenso reino de Galicia da Idade Media.

Paradoxicamente, mentres en Brasil e Portugal, as televisións, a educación, a industria musical, a prensa e en definitiva toda a sociedade fai uso da variedade lingüística propia, na mesma Galicia todos eses usos son reservados case que en exclusiva ao español, lingua allea que aínda é considerada pola maioría dos galegos -mesmo pola xente xoven- como unha lingua máis culta e con máis prestixio que o galego, en definitiva menos "paleta".

Porque se consideran ao galego e ao portugués variedades dunha mesma lingua?

En principio porque historicamente son a mesma lingua, e aínda que na actualidade se tenden a escribir de xeito distinto, hoxe en día galego e portugués aínda comparten máis do 90% das palabras, existindo case un 100% de coincidencia nalgunhas areas limítrofes do sur de Ourense e norte de Portugal.

Asi por exemplo, unha comparativa dos nomes das árbores pode amosarnos que galego e portugués difiren especialmente no xeito de representar os sons, por exemplo nh en portugués, e ñ en galego actual e español.

PORTUGUÉS---/---GALEGO---------ESPAÑOL---------CATALÁN---------FRANCÉS

Carvalho...........Carballo............Roble.............Roure............Rouvre
Limoeiro...........Limoeiro..........Limonero.........Llimoner.........Limonier
Pinheiro............Piñeiro..............Pino................Pi................Pin
Nogueira...........Nogueira............Nogal............Noguera...........Noyer
Laranjeira........Laranxeira..........Naranjo.........Taronger.........Oranger
Pessegueiro......Pesegueiro......Melocotonero......Presseguer.........Pêcher
Salgueiro...........Salgueiro...........Sauce.............Salze............Saule
Figueira............Figueira...........Higuera...........Figuera............Figuier
Aveleira............Abeleira.......... Avellano..........Avellaner.........Noisetier


Ben, pero se son a mesma lingua, por qué o galego soa diferente co portugués?

O galego é un idioma cunha enorme riqueza, desde sempre existiron variantes en todas as rexións de Galicia, existen sitios onde din "tu" no canto de "ti", "il" no cando de "el", e mesmo dependendo do lugar escoitamos falar sobre "Ghalicia", "Galicia" ou "Ghalisia".

A medida que imos ao sur e ao occidente de Galicia, o galego comeza a presentar trazos máis similares co portugués, un habitante de Rianxo como un Lisboa falan con seseo (faser, des, sereais), mentres que un habitante de Mondoñedo ou de Sarria dirían (facer, dez, cereais).
Xa na fronteira entre Galicia e Portugal é moi doado falar con algún galego pensando que é portugués, e viceversa.

Se continuamos cara o sur, esa lingua que no norte era galego empeza a sernos menos familiar e de seguro que teremos problemas para entendela se non temos bó oido, pero se reparamos nisto acaso non ten problemas un habitante de Santander para entender a un andaluz de "Caí" (Cadiz)?. O portugués común soa diferente do galego porque ambas variantes teñen unha normativa e escritura diferente, asi mentres na escola un neno de Lisboa aprende a escribir e dicir "façer" (faser), un neno de Rianxo aprende a escribir e dicir "facer"- aínda que na casa os seus pais digan "faser"-, e senón que llo conten a Heredeiros da Crus...


E logo, porqué o galego e o portugués non se escriben igual?

Principalmente porque no ano 1480 os reis de Castela e Aragón obligaron aos escribáns galegos a escribir todolos documentos oficiais en castelán, desde entón a forma de escritua galega -a grafía- caía no esquecemento.

Sen embargo, en Portugal -que non puidera ser sometido por Castela-, os escribáns puideron seguir escribindo o galego/portugués na súa forma orixinal, por iso eles -a diferenza de nós- conservaron en maior medida a forma orixinal de escribir o galego, con j e ç, formalizando o nh e lh que no galego se perdería paseniñamente.

Pero...non será mellor ve-lo por nós mesmos?, aí vai un texto galego escrito no ano 1480, chama a atención o seu maior parecido ao portugués actual que ao galego, e incluso os nomes e apelidos..

"Eu o dito Johan do Vilar por nome de min et dos ditos meus filos asi reçebo o dito foro et por las condições sobreditas.
Feyto et outorgado et pasado foy este dito titulo, eno lugar de Santa Leocadia, a sete dias do mes de Janeiro, ano do nasçemento do nosso senor...mil et quatro çentos et oytenta anos. Testigos que a isto foron presentes: Vasco Lopes, Gonçalo de Lagares, Tareisa Rodrigues, Loys da Palleyra et eu, Johan Vasques, escrivano do noso senor.."


(fragmento dun documento do ano 1480)


E...desde cando o galego se escribe como o coñecemos actualmente?

Despois de 300 anos, apartires do ano 1800 aproximadamente, alguns escritores galegos empezaron a crer que o galego tiña tanto dereito como o castelán para ser escrito, e asi, facendo caso omiso daqueles que os tildaban de paletos -iso faiseme coñecido...- empezaron a escribir sen complexos textos na súa lingua.

Non obstante, descoñecían que o galego xa fora escrito durante séculos, e sen saber moi ben como escribilo, aplicaron a única ortografía que malamente aprenderan, a do castelán. Asi, por descoñecemento, o galego sufriu a súa primeira gran castelanización na escrita, alonxandose da súa propia tradición e orixinalidade -compartida en gran medida polo portugués-.

A Real Academia Galega -fundada un tempo despois, en 1906- asumiu esta nova forma castelá de escribir o galego, e desde o ano 1982 esa é a norma do galego ata os nosos días.

12 comentários:

  1. Gostei muito deste artigo, ainda que coido que estaría aínda melhor se estivesse escrito na normativa AGAL :-P

    Saúdos!

    ResponderEliminar
  2. ha certas questões que são muito imprecisas, como que os escritores do século XIX desconheciam a tradição literária anterior, de facto, muitos aproximavam-se bastante dela nas suas versões originais. Tb não é certo que não houvesse continuidade da grafia tradicional entre o XV e o XIX. Por outro lado, mestura constantemente critérios políticos e linguísticos. Além disso, parabéns

    ResponderEliminar
  3. Vendo que é un documento, un artigo de divulgación de certas investigacións e fontes, por min non hai problema porque se "mesturen constantemente critérios políticos e lingüísticos" principalmente porque durante un período grande da historia o xeito de feacer política e propaganda era coa lingua (e coa relixíón) así que nun artigo destas características pareceme, non só que non sobra, se non absolutamente necesario.

    Gracias polo teu esforzo, inda que acabo de coñecer o teu Blogue, tratarei de espallalo a todolos meus coñecidos, Galegos, Portugueses e non Galego-Portuguese.

    Moitas gracias unha vez máis

    ResponderEliminar
  4. Unha cousa, "salgueiro" en catalán non é "sauce" senon "salze" ;)

    Jordi

    ResponderEliminar
  5. Agradecese o apuntamento Jordi.

    Moltes gràcies

    ResponderEliminar
  6. Subscribo de cheo o comentario do Anónimo do 26/02/10

    ResponderEliminar
  7. Con tódalas "¿eivas?" que lle poidan descobrer os "puristas-estudosos-expertos" -e non vai con ironía-, atópoo: ben didáctico e máis que aproveitable -asemade de ameno- Sí, eu gosto dos hiperenxebrismos e dalgún que outro lusismo para a miña escrita.

    Parabens e:

    Sementareino eu tamén, na roseira dos ventos.

    ResponderEliminar
  8. Estava a buscar artigos que falassem disto e polo que vejo é um artio muito bom! Graças ao autor deste artigo de opinião escrito duma maneira que combina elementos tanto políticos e linguística co proveito da história. Saúdos!

    ResponderEliminar
  9. Obrigado pelo interessante texto.
    Relevante o fragmento de texto de 1480, particularmente a ortografia "condições", que me surpreendeu.

    ResponderEliminar
  10. Parabens, estiben mirando os comentarios, lástima non ter diccionario en galego de Google, se usas o de portugués rinse dun. Coido que voltar atrás na escritura non e dorado, xa chega,polo de agora, defender o que temos.

    ResponderEliminar